(VÍDEO) Un barco vaise a pique...en terra firme
O barco, que se atopaba en reparación nun estaleiro galego no porto de Oza, esborrallouse cara a un costado antes de ser botado de novo ao mar.
O barco, que se atopaba en reparación nun estaleiro galego no porto de Oza, esborrallouse cara a un costado antes de ser botado de novo ao mar.
“Aí vai, aí vai!”, alertaba un dos operarios, anunciando o fatídico final que se viviu nun dos estaleiros do porto de Oza. O barco, que estaba a ser reparado, caeu ao soltarse unha das cuñas que o sostiña antes de ser botado de novo á auga.
A embarcación desestabilizouse da suxeición e se ladeó ata estrelarse contra o pantalán. Os operarios só puideron contemplar a escena, incapaces de evitar que o casco sufrise danos co impacto.
A pesar do espectacular das imaxes, non hai que lamentar feridos nin danos ambientais. Como se escoita ao final do vídeo: “Non había nada que facer…”.
Escribe o teu comentario