A xustiza condena a Zara por “discriminar a traballadoras” con redución de xornada

A firma deu elixir a 16 traballadoras entre o despedimento, o traslado a outra tenda da cidade ou a renunciar á redución de xornada da que gozaban.


|

A firma deu elixir a 16 traballadoras entre o despedimento, o traslado a outra tenda da cidade ou a renunciar á redución de xornada da que gozaban.


Zara


Un xulgado de Almería condenou a Zara, a firma máis reconocible da empresa galega Inditex, por un delito de discriminación a 16 traballadoras, ao prohibirlles facer uso da súa redución de xornada por coidado de fillos menores de idade, un dereito laboral fundamental.


Os feitos tiveron lugar cando a compañía pechou a súa tenda no Centro Comercial Mediterráneo de Almería, abrindo outra tenda no Centro Comercial Torrecárdenas. Do persoal, 16 traballadoras tiñan reducida a súa xornada laboral, pero Zara non lles permitiu trasladar o seu horario laboral á nova localización.


No seu lugar, a empresa obrigounas a elixir entre o despedimento, o traslado a outra tenda da cidade ou a renunciar á redución da súa xornada. Finalmente, a empresa recolocou ás traballadoras noutro centro a 25 quilómetros de distancia.


A sentenza obriga á firma para indemnizar ás traballadoras cunha multa superior aos 6.000 euros e a recolocar ás traballadoras en Torrecárdenas coa súa redución de xornada correspondente.



A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), entidade sindical que gañou o caso ante a xustiza, considera que se trata dunha sentenza “exemplar” e que expón “os abuos dun sectr altamente feminizado”. 




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE