(VÍDEO) Abel Caballero, protagonista no entroido de ‘Vigo de Janeiro’

O rexedor vigués volveu ser o foco de todas as miradas durante a celebración do entroido, que deixou en Galicia divertidas parodias moi compartidas en redes.


|

O rexedor vigués volveu ser o foco de todas as miradas durante a celebración do entroido, que deixou en Galicia divertidas parodias moi compartidas en redes.


Abel cabaleiro chenoa

Abel Caballero nunha foto con Chenoa da súa conta de Twitter


“Chamarame o alcalde de Rio de Janeiro para falar dos nosos entroidos. Que trema o Entroido de Rio co Entroido de Vigo!”. Esta frase pertence ao inesgotable imaxinario de Abel Caballero, que, como en todos os festexos da cidade olívica, volveu facerse viral. Aínda que esa advertencia fíxoa en Fitur hai unhas semanas, durante o entroido vigués os focos volveron centrarse sobre o rexedor da cidade, que protagonizou un dos momentos máis comentados das festas durante a presentación de Chenoa, a artista que amenizou a velada en Vigo, onde non botaron en falta o sambódromo.




Pero Abel tamén tivo tempo de recibir o agarimo da súa xente. O alcalde paseouse polo desfile, como unha carroza máis, levando todos os aplausos.




Abel Caballero é o que se ve. Non hai careta nin disfrace no alcalde de Vigo, e iso anima a moitos a facer chanzas coa súa persoa, e máis en días como o entroido. En Porriño decidiron que o mellor para o pregón era parodiar a Abel Caballero e Carmela Silva, que leron un manifesto en grao sumo particular.




Pero, como comprobaron no municipio porriñés, o alcalde de Vigo é inimitable. Unha vez máis, Abel Caballero superou á ficción.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE