O persoal de enfermería fai subir a valoración media da sanidade pública en Galicia

Os usuarios deron unha nota de 6,43 sobre 10 ao sistema sanitario público, cunha valoración de “ben ou bastante ben”, nunha enquisa da que sae moi ben parado o persoal de enfermería.


|

Os usuarios deron unha nota de 6,43 sobre 10 ao sistema sanitario público, cunha valoración de “ben ou bastante ben”, nunha enquisa da que sae moi ben parado o persoal de enfermería.


Disfagia. Enfermeira leva comida a unha paciente


A maioría de sindicatos e plataformas relacionadas co sistema sanitario destacan que, a pesar das crises e recortes que azoutan á sanidade pública, esta mantense á boia grazas ao bo facer dos seus profesionais. Isto reflíctese nos resultados que arroxa o barómetro do 2018 do Ministerio de Sanidade, onde os galegos outorgaron unha nota de 6,43 sobre 10 ao sistema sanitario.


Para un 70% dos enquisados o sistema funciona “ben ou bastante ben” e, á hora de puntuar, o persoal de enfermería é o mellor valorado.


BOA ATENCIÓN PRIMARIA

Na atención primaria, puntuada cun 7,47, o persoal de enfermería ten unha nota de 7,57. Este é, con todo, a única área na que o persoal médico recibe unha nota mellor, de 7,7. Neste nivel asistencial, os usuarios tamén outorgan un 7,61 aos coidados e atención recibida polo persoal de enfermería, unha centésima máis que a puntuación do persoal médico.


VALORACION NOS HOSPITALESA

En cambio, a valoración das urxencias vaise aos 6,61 puntos, mentres que a atención hospitalaria sobe aos 6,95. Neste aspecto, o persoal de enfermería leva un 8 na valoración e un 7,96 para os médicos.


O estudo tamén reflicte que o 75,2% dos galegos prefire ser atendido nun centro público de atención primaria, unha porcentaxe maior que a nivel nacional pero que cae ao 59,5% no caso de consultas especializadas. Nos ingresos hospitalarios, o 78,4% dos galegos acudiría a un hospital do SERGAS, mentres que o 76,1% optaría polos servizos de urxencia públicos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE