A Xunta convocará 1.323 prazas para a sanidade galega

Feijóo anunciou a aposta do goberno galego por sumar novos efectivos ao SERGAS, onde terá un peso especial a atención primaria coa convocatoria de 254 prazas para médicos de familia e 93 para pediatras.


|

Feijóo anunciou a aposta do goberno galego por sumar novos efectivos ao SERGAS, onde terá un peso especial a atención primaria coa convocatoria de 254 prazas para médicos de familia e 93 para pediatras.


Non title


A Xunta de Galicia, por medio do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a convocatoria de oposicións en sanidade para o verán de 2019 con 1.323 prazas. “É un dos mellores momentos para que calquera que queira traballar na Xunta, xa sexa como docente, sanitario en todas as súas categorías ou funcionario público en todas as súas especialidades poida preparar a súa curriculum e optar a un posto de traballo na administración”, declarou Feijóo ante os medios.


“A CONVOCATORIA MÁIS GRANDE DA DÉCADA”

A oferta, dun total de 5.833 prazas se sumamos as xa anunciadas para educación e función pública, supón “a máis grande da última década, superando á de 2018 que tamén foi a máis importante dos últimos anos”. Desta forma, o dirixente do executivo galego recalcou que en período 2018-19 as ofertas públicas de emprego chegaron aos “11.800 postos de traballo” cun “100% de reposición”.


Á súa vez, ao cumprir Galicia cos requisitos de déficit, débeda e regra de gasto, posúe a posibilidade de convocar 213 prazas a maiores que destinará ao proceso selectivo da sanidade galega. “A proposta que imos levar á mesa sectorial contemplan 1.323 prazas en sanidade: 1.314 para sistemas sanitarios e 9 para de funcionarios de carreira de escala de saúde pública e administración sanitaria”.


Feijóo fixo fincapé en que con esta convocatoria, desde o ano 2009, a Xunta incorporaría ao SERGAS “case 9.000 traballadores”.


O PESO DA ATENCION PRIMARIA

Para Feijóo, a oferta busca cubrir as “necesidades detectadas” na sanidade galega, prestando especial atención á atención primaria. “De 332 prazas, 200 corresponden a médicos de familia, o que supón un record, e 35 a pediatras de atención primaria”, apuntou o presidente de la Xunta. “É dicir: dous de cada tres médicos da oferta pública de emprego serán médicos de atención primaria”, asegurou o mandatario.


Dado que a oferta pública de 2018 estaba a desenvolverse pero non pechada, imos convocar de forma conxunta a OPE de médicos de familia e pediatras neste 2019 as correspondentes dos anos 2018 e 2019”, anunciou Feijóo, o que supón un total de 254 prazas de médicos de familia e 93 de pediatría para a próxima convocatoria

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE