O novo director do MARCO é Miguel Fernández Cid, xusto o que prognosticara a oposición

Hai semanas que en Marea alertou que un "dedazo" levaría a Miguel Fernández-Cid a dirixir o MARCO. A confluencia acertou, pero Caballero reclama que lle pidan desculpas.


|

Hai semanas que en Marea alertou que un "dedazo" levaría a Miguel Fernández-Cid a dirixir o MARCO. A confluencia acertou, pero Caballero reclama que lle pidan desculpas.


A comisión técnica de expertos formada para a elección do novo director do museo MARCO de Vigo trasladou ao padroado do museo a súa proposta unánime de nomear a Miguel Fernández Cid para ese cargo, en substitución de Iñaki Martínez Antelo, que cesou como director a finais de 2017.



Miguel ferandez cid

Miguel Fernández-Cid | salga rekalde


Así o confirmou en rolda de prensa o alcalde olívico, Abel Caballero, quen valorou a traxectoria e valía profesional do novo director do MARCO, elixido nun proceso con "toda a transparencia, independencia e rigorosidade".


Fernández Cid é licenciado en Xeografía e Historia, e en Historia da arte, pola Universidade Complutense; profesor en varias institucións académicas; membro da Real Academia Galega de Belas Artes; Premio Cultura Galega de Artes Plásticas; membro do Consello de la Cultura Galega; director do CGAC entre 1998 e 2005; e, desde 2010, director xerente da Fundación Gonzalo Torrente Ballester.


DECLARACIÓNS DO ALCALDE DE VIGO

O rexedor volveu a incidir en que "é a primeira vez" que un director do MARCO é elixido por unha comisión de expertos independente, nun proceso de concurso público, e sinalou que foi "un acerto" este modelo de elección.


"Espero que algúns pidan desculpas, os que fixeron disto unha batalla política, porque querían nomear eles ao director", afirmou, en alusión ás críticas da oposición, e asegurou que "algúns" chegaron mesmo a darlle "algún nome" para ese cargo de director do museo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE