Bosch anuncia un ERTE que afecta a 650 empregados
O ERE presentado por Vodafone afectou de forma directa á empresa con sede en Vigo, onde a compañía telefónica prestaba varios servizos a través de Bosch.
O ERE presentado por Vodafone afectou de forma directa á empresa con sede en Vigo, onde a compañía telefónica prestaba varios servizos a través de Bosch.
A multinacional Bosch presentou un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) no seu central de Vigo, con máis de 2.000 empregados (é a empresa que dá máis emprego na cidade olívica, só por detrás da Citroën). Este ERTE deixaría na rúa, ente 15 días e 2 meses, a 650 empregados ata o próximo 31 de xullo, pasando a cobrar o 70% do soldo.
Este Expediente está derivado da complexa situación que atravesa Vodafone, que presentou un ERE nacional. Bosch-Vigo é a encargada do soporte técnico para a empresa de telefonía, ademais da provisión administrativa e de reclamacións da compañía, polo que o ERE de Vodafone afecta directamente á filial de Vigo.
Ante esta situación, os sindicatos criticaron que Bosch néguese a recolocar noutros departamentos aos traballadores afectados pola medida e que tampouco renegociase os axustes. Así, nos departamentos con falta de persoal, optará por contratar persoal externo.
A CIG sinala que o ERTE está deseñado “a cegas” e que a carga de traballo, aínda que diminuíse polo caso Vodafone, segue sendo moi alta. Co anuncio do ERTE tamén se despediron a 200 traballadores contratados a través de ETT.
Escribe o teu comentario