A Galiña Azul podería rexeitar aos nenos que non teñan as vacinas ao día

A Xunta estuda a posibilidade de esixir na matrícula que os infantes teñan ao día as súas vacinas para poder optar a unha praza, tal e como está a estudar a Consellería de Política Social.


|

A Xunta estuda a posibilidade de esixir na matrícula que os infantes teñan ao día as súas vacinas para poder optar a unha praza, tal e como está a estudar a Consellería de Política Social.


Galiu00f1a azul feiju00f3ou

O presidente Feijóo nun centro de educación infantil


Así o confirmou Política Social, quen con todo mantén que esta posibilidade estase estudando con vistas ao próximo curso e que sairá publicada o próximo mes de marzo.


O obxectivo é “concienciar aos pais” da importancia da vacinación, tanto para protexer a saúde dos nenos propios como dos demais alumnos. Os nenos terían que ter por tanto o calendario de vacinas a o día, pero con flexibilidade no caso de que algún neno ou nena teña unha vacina pendente por motivos xustificados.


Con todo, é importante lembrar que en España non é obrigatoria a vacinación dos infantes, aínda que existen centros privado que esixen a vacinación dos nenos e nenas, avalados polos tribunais.


O ministerio lembrou que as taxas de vacinación entre os máis pequenos en Galicia son e moi altas, sendo a comunidade galega unha comunidade “modélica”. Con todo, xunto cos esforzos da Consellería de Sanidade por frear o movemento antivcuna, o departamento que xestiona a rede de escolas infantís, ‘A Galiña Azul’ neste caso, cre que é fundamental crear unha liña de actuación do goberno galego no seu conxunto. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE