Pachi Vázquez presentará o seu novo partido para as municipais
Ao proxecto se incorporarán exmilitantes socialistas que deixaron os seus cargos en distintas asembleas locais.
Ao proxecto incorporaranse exmilitantes socialistas que deixaron os seus cargos en distintas asembleas locais.
O que fose secretario xeral do PSdeG entre 2009 e 2013, Manuel 'Pachi' Vázquez, prevé presentar publicamente esta semana en Ourense o seu novo partido político para as próximas eleccións municipais do 26 de maio.
Segundo informou a Europa Press o que tamén fose conselleiro de Medio Ambiente de Emilio Pérez Touriño, a presentación terá lugar esta semana na cidade de Ourense.
Neste novo proxecto político previsiblemente incorporaranse exmilitantes socialistas que deixaron os seus cargos nas respectivas asembleas locais de Piñor, Maceda e O Carballiño tras diferenzas coa dirección provincial do PSdeG.
GONZALO CABALLERO RÉSTALLE IMPORTANCIA
Cuestionado sobre este asunto durante a súa participación nun acto en Santiago, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, restou importancia ao que denomina como "operacións persoais" que, ao seu xuízo, "preocupan moi pouco á xente neste tempo tan relevante para o país". "Que cada un saiba da súa vida o que quere facer", apostilou.
"Aos cidadáns o que agora lles preocupa é que imos facer co país. Se imos apostar polo avance, o progreso dun goberno liderado polos socialistas; ou se imos deixar que a dereita e a ultradereita fagan unha operación de retorno ao pasado que non queremos", resolveu.
Escribe o teu comentario