Feijóo teme "a unión" de Pedro Sánchez con "Podemos e os independentistas"
O lider do executivo galego considera que todos os votos que non vaian parar ao Partido Popular "satisfará a Sánchez e aos seus socios".
O lider do executivo galego considera que todos os votos que non vaian parar ao Partido Popular "satisfará a Sánchez e aos seus socios".
O presidente de la Xunta e do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, advertiu que nas próximas eleccións xerais do 28 de abril cada voto "de centro ou dereita que non vaia ao Partido Popular satisfará a Pedro Sánchez e aos seus socios". Neste sentido, avisou que "dividir as forzas é darlle máis posibilidades a Sánchez de repetir a unión con Podemos, nacionalistas e independentistas".
Segundo informa o partido, así o advertiu o líder autonómico durante a presentación dos candidatos populares ás comarcas de Ulla-Umia e O Salnés, onde destacou que España "necesida dunha maioría ampla" que "só o Partido Popular pode alcanzar", xa que é unha organización "reformista, de centro dereita e que non se limita, porque é un grande para millóns de españois".
Por todo iso, apelou a que o próximo 28 de abril sexa un día no que se peche "a paréntese do absurdo que supuxo Pedro Sánchez para a historia de España" e que consistiu "en querer estar no Goberno custe o que custe".
Así, tamén lle volveu a afear a convocatoria das xerais nunha data diferente á do 26 de maio, xunto ás municipais e europeas, e lembrou que danou "tres veces a estabilidade de España": "En 2015, negándose a aceptar a súa derrota e paralizando o país; en 2018, cunha moción de censura cuns socios que só queren desestabilizar; e no 2019, cun período electoral o dobre de longo do lóxico".
Escribe o teu comentario