Folga de ambulancias: ducias de sabotaxes, "100%" de seguimento e empeza a mediación

A folga das ambulancias entra nunha semana crave. Este luns hai unha reunión convocada co mediador e a promesa de la Xunta de subir as licitacións dos novos contratos pode ser un paso adiante. Unha cuestión clave é que pasa ata entón, pois os empresarios din que non poden seguir pagando as nóminas cos actuais contratos. Mentres, os traballadores mantéñense firmes e o seguimento do paro é practicamente total. A onda de sabotaxes tampouco cede, con ducias de vehículos atacados nas últimas horas.


|

A folga das ambulancias entra nunha semana crave. Este luns hai unha reunión convocada co mediador e a promesa de la Xunta de subir as licitacións dos novos contratos pode ser un paso adiante. Unha cuestión clave é que pasa ata entón, pois os empresarios din que non poden seguir pagando as nóminas cos actuais contratos. Mentres, os traballadores mantéñense firmes e o seguimento do paro é practicamente total. A onda de sabotaxes tampouco cede, con ducias de vehículos atacados nas últimas horas.


O comité de folga no sector do transporte sanitario en Galicia, convocada por UXT; CIG e CC.OO., sitúa este luns nun "100%" o seguimento do paro no inicio dunha nova semana de mobilizacións.


Ambulancias no Hospital Clínico de Santiago.

Así o manifestaron este luns a Europa Press fontes sindicais, que destacaron que "a xente está moi concienciada" e consideran que "só" levarán adiante as súas reivindicacións "coa pelexa".

INDEFINIDA DENTRO DE UNMES
O segundo tramo de folga desenvolverase entre o 18 e 24 de febreiro no marco dos paros intermitentes tras un primeiro celebrado entre o 8 e 11 deste mes. O terceiro está fixado do 4 ao 10 de marzo, tras o que pasaría a indefinida desde o 20 do próximo mes.

Esta semana, ademais, sinalaron unha manifestación en Santiago de Compostela para este mércores, 20 de febreiro, a partir das 11,30 horas, co fin de demandar melloras laborais e salariais.

Á espera DE QUE A Xunta CONCRETE CANTO VAI SUBIR As LICITACIÓNS
O inicio deste segundo tramo de folga coincide coa cita na mañá deste luns no Consello Galego de Relacións Laborais despois de que o mércores pasado o Sergas pedise a mediación no conflito.

Por parte da patronal avanzaron que "seguen co mesmo escenario" que en decembro ao "non coñecer" a contía do novo concurso do servizo que convocará este ano a Administración sanitaria autonómica.

Mentres, fontes sindicais indicaron a Europa Press que acoden á reunión para ver "se hai cousas concretas encima da mesa", á vez que reprochan á Administración autonómica que "non fixo ningún movemento" salvo "convocar a reunión e pouco máis".


Ambulancia ardendo telemariñas

Ambulancia queimada en Tui en véspera do inicio da folga

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE