Mediación no conflito da folga de ambulancias

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) asegurou este venres que traballa para "mellorar" o concurso do transporte sanitario en Galicia e instou aos empresarios do sector e aos sindicatos --que foron citado a un acto de mediación o luns 18-- a que alcancen acordos sobre o convenio.

|

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) asegurou este venres que traballa para "mellorar" o concurso do transporte sanitario en Galicia -que vive unha dura folga desde hai días- e instou aos empresarios do sector e aos sindicatos -que foron citados a un acto de mediación o luns 18- a que alcancen acordos sobre o convenio.



Sabotaxe a ambulancias do 061

Ambulancia queimada antes do inicio da folga en Tui


PODÍAN PRORROGAR O VIXENTE CONCURSO

Así o manifestou o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, ao ser preguntado sobre a contía do novo concurso, que os empresarios reclaman saber para poder negociar coas centrais sindicais.


"Estamos a traballar no novo concurso do 061", sinalou o xerente do Sergas, quen explicou que podían prorrogar o concurso vixente, que empresarios e sindicatos ven deficitario, pero optaron por realizar "un novo" co obxectivo de "mellorar as condicións do transporte urxente en Galicia", abundou Fernández-Campa.


HABERÁ MÁIS DIÑEIRO?

Neste sentido, preguntado de novo sobre se o Sergas prevé incrementar a contía do novo concurso como reclaman empresarios do sector e traballadores, o xerente reivindicou o traballo da Administración sanitaria autonómica para "buscar melloras e cambios". Ademais, matizou que se trata dun procedemento de contratación "complexo".


Deste xeito, apostou por tratar de recoller as "mellores condicións" no sistema sanitario para, resaltou, "un servizo moi apreciado polos cidadáns".


Con todo, o xerente do Sergas espera que ambas partes --empresarios e sindicatos-- "senten" a "dialogar" e "traten de chegar a acordos".


NON SABE QUE SE USASEN TAXIS NO CANTO DE AMBULANCIAS

Por outra banda, preguntado pola denuncia de sindicatos de recorrer por parte de la Xunta a taxis pagos para suplir traslados durante as xornadas de folga de ambulancias da semana pasada, Fernández-Campa asegurou que "non hai contratado" tal servizo para trasladar pacientes de alta e matizou que o transporte urxente vai incluído nos servizos mínimos. "Non temos constancia", apostilou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE