Un meteorito percorreu os ceos de Galicia a pasada noite

Un bólido --ou pedra cósmica-- foi avistado na tarde deste martes sobre o ceo do norte de Galicia, así como doutros puntos de Asturias, León e Cantabria.

|

Un bólido --ou pedra cósmica-- foi avistado na tarde deste martes sobre o ceo do norte de Galicia, así como doutros puntos de Asturias, León e Cantabria.


Así o explicou, en declaracións a Europa Press, o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago (USC), José Ángel Docobo, quen precisou que "o máis probable" é que fose "unha pedra cósmica que entrou na atmosfera".



Bolido meteorito maria maxima ruiz rede de investigacion de bolidos

Fotografía dun pasasdo bólido tomada por María Maximina Ruiz desde Santa Columba de Corueño (León) | spmn.uki.es 


"Observouse no norte de España: Galicia, León, Asturias e Cantabria", comentou, para engadir que estiman que "se caeu algo, caeuse no mar Cantábrico".


O director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC aclarou que "este tipo de fenómenos non é raro", pero, matizou, "obviamente, non ocorre todos os días".

Con todo, indicou que o avistamento se produciu sobre as 20,45 horas deste martes e foron "moitas testemuñas" os que o viron en zonas do norte de España, entre eles en puntos do norte de Galicia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE