Taxis cobren servizos das ambulancias da Xunta en folga, denuncian sindicatos

Os sindicatos convocantes da folga no sector do transporte sanitario en Galicia --CIG, CC.OO. e UXT-- estudan denunciar o traslado de pacientes en taxis "contratados pola Xunta" durante as xornadas de paros.

|

A folga das ambulancias da Xunta segue sen perspectivas de solución e con cruces de acusacións. A Xunta e a patronal critican as continuas sabotaxes aos vehículos e os traballadores advirten que levarán á Xustiza o uso de taxis para romper a folga.



Protesta ambulancias chus santiago folga

As centrais presumen do éxito da hulega, na imaxe concentración en Santiago | CIG


Os sindicatos convocantes da folga no sector do transporte sanitario en Galicia --CIG, CC.OO. e UXT-- estudan denunciar o traslado de pacientes en taxis "contratados pola Xunta" durante as xornadas de paros.


AO XULGADO

Así o confirmou a Europa Press o responsable de transportes da CIG, Xesús Pastoriza, e o portavoz de UXT Óscar Vázquez, quen apuntou casos en zonas de Lugo e Ferrol. Os sindicatos non especificaron se estas supuesas prácticas teñen lugar no transporte sanitario urxente ou noutro tipo de servizos.


O 061 DI QUE NUNCA TIROU DE TAXIS

Fontes do 061 que se puxeron en contacto con Galiciapress, insisten en que a Fundación, que ocupa do transporte sanitario urxente, nunca contratou a taxis para realizar os labores das ambulancias que cobren incidencias como accidentes, etc. A folga non se circunscribe só a estas labores, senón que tamén afecta o transporte sanitario menos urxente, por exemplo, o traslado entre hospitais, recollida de enfermos que necesitan diálises, etc.


Tras valorar o primeiro tramo de folga levado a cabo do 8 ao 11 de febreiro, os representantes sindicais explicaron que tratan de "reunir todas as probas" para trasladalas "onde corresponda", matizaron. "Trátase de boicotear a folga con traslados en taxi", lamentou Óscar Vázquez.


En sentido, Pastoriza criticou que "non se pode sacar (de hospitais) a enfermos en taxis contratados pola Xunta cando estás de folga", en relación aos traslados de pacientes de alta, porque "é unha ilegalidade".


Por iso, confirmaron que os servizos xurídicos das centrais sindicais estudan "se cabe demanda" en relación con estes feitos durante unhas xornadas de folga que consideraron "positivas".


MÁIS XORNADAS DE PARO

Deste xeito, aseguran que a "folga está a funcionar" e ven con "optimismo" as próximas xornadas de folga --do 18 ao 24 de febreiro e do 4 ao 10 de marzo--, ás que se sumarán outras mobilizacións que acordarán este mércores e anunciarán posteriormente.


Con todo, criticaron que a patronal "segue sen sentar" a negociar o novo convenio e a Xunta "non está a mover nada". Por iso, consideran que o conflito no sector de ambulancias en Galicia "está abocado á folga indefinida" --a partir do 20 de marzo, como anunciaron--.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE