Carmen Pomar alenta ás científicas do futuro: "As vocacións científicas nas nenas están aí"

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional reiterou a necesidade de romper co "teito de crital" e apunta que "soamente" o 29% dos postos de liderado científico están ocupados por mulleres.


|

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional reiterou a necesidade de romper co "teito de crital" e apunta que "soamente" o 29% dos postos de liderado científico están ocupados por mulleres.


Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia


A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, asegurou que "hai que romper o teito de cristal" e "acabar coa brecha de xénero" no ámbito científico xa que, a pesar de que "hai moitas mulleres" nos persoais das universidades, "nos postos de alto nivel, hai menos presenza feminina que masculina".

Así o sinalou este luns no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade de Santiago (USC) no marco da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Neste sentido, Pomar apuntou que "soamente" o 29% dos postos de liderado científico están ocupados por mulleres, "a pesar de que as vocacións científicas nas nenas están aí".

"Pero segundo as nenas van cumprindo anos, as circunstancias tanto internas como externas á propia muller fan que retrocedan neses postos de responsabilidade. Ás veces mesmo a propia personalidade feminina lévanos a ter certa desconfianza de nosa propia competencia para ocupar responsabilidade na ciencia", engadiu a conselleira de Educación.

Por este motivo, insistiu na necesidade de desenvolver políticas tanto educativas como económicas e científicas "que primen o feito de que a muller lidere grupos de investigación" e desa maneira "poidan ocupar altos cargos".

"Creo que é moi importante exercer ese modelado que necesitan as nenas nas escolas e nas idades máis temperás para que vexan dalgunha maneira esas figuras de identificación que son mulleres que conseguiron postos de liderado na ciencia", destacou.

Segundo Carmen Pomar, sobre os 35 anos, as mulleres "exponse ser nai" polo que é "máis difícil" compatibilizar o tempo que se dedica a postos de alto nivel "e ao que sería o rol familiar". "É necesario ter esa conciencia e todas as políticas que se poidan facer para a conciliación vaian nese camiño", sentenciou.

"PROGRESO NA LIÑA CORRECTA"

Pola súa banda, a catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC, María José Alonso Fernández, sinalou que está a progresarse "na liña correcta" e cada vez "hai máis mulleres que van ascendendo no campo da investigación".

"Se que é certo que é un ritmo lento. Por tanto creo que calquera tipo de medida de visibilización do traballo que fan as mulleres é moi importante, porque ao final as nenas e as mozas van vendo e din, pois este é o meu camiño", explicou.

Para Alonso, a carreira científica é "longa" e a compensación económica é "mínima". "Pero ás veces non só é o salario que percibe a científica, senón porque en España o financiamento para levar a cabo un proxecto de investigación é moi deficiente", sinalou.

"Eu nunca me sentín discriminada, pero non existen moitas referencias para as novas. A ciencia vai acompañada dun certo grao de ambición e ás veces esta non está tan ben vista na muller como no home. É un proceso de desenvolvemento profesional que leva os seus anos e desincentiva", sentenciou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE