O goberno planea adiantar as eleccións se non consegue aprobar os Orzamentos

|

Pedro Sánchez presiona para lograr a aprobación dos PGE coa ameaza dunhas eleccións xerais.


O presidente do Goberno Pedro Sánchez no Senado


Ante a falta de apoios para que o presidente do goberno, Pedro Sánchez, poida sacar adiante os Orzamentos Xerais do Estado, o líder socialista baralla agora convocar as eleccións para o domingo 14 de abril.


De fixarse esa data, que coincide co ‘Domingo de Ramos’ da Semana Santa, non coincidiría entón co ‘superdomingo’ que vaticinaban moitos, coas eleccións europeas, municipais e autonómicas do 26 de maio.


Con todo, desde o núcleo dos socialistas consideran a decisión “moi precipitada” e cren que antes de falar de datas primeiro deben debater se convocar as eleccións é a mellor decisión. Ademais, varios medios xa desmentiron que o 14 de abril sexa o día exposto para a celebración das eleccións.


Segue lendo a noticia en Catalunyapress

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress