O almacén central de Froiz se preprara para a folga indefinida
Os sindicatos UXT e CIG acordaron unha convocatoria de folga indefinida no almacén central de Distribucións Froiz, en Lourido, en Poio, "polo incumprimento do descanso semanal no persoal de traballadores".

Segundo sinala nun comunicado UXT, o comité de empresa tratou de alcanzar un acordo no seo das negociacións coa dirección, ante un requirimento da inspección de traballo.
Pero agora ven, indica, "na obrigación de convocar" este paro indefinido, "despois de someter a unha asemblea de traballadores as tres propostas feitas pola dirección da empresa, as cales foron rexeitadas por máis de 100 traballadores". "En ningún momento" observáronse "indicios de querer negociar", critica.
Escribe o teu comentario