A Xustiza condena á Xunta a indemnizar a accidentados tras chocar cun xabaril

As administracións galegas poderían ver como lle choven as demandas, pois os jabalíes causan 3 de cada catro accidentes con fauna. Galicia é a segunda autonomía onde máis se producen.


|

As administracións galegas poderían ver como lle choven as demandas, pois os porcos bravos causan 3 de cada catro accidentes con fauna. Galicia é a segunda autonomía onde máis se producen.



Jabaliesusccampussur

Jabalíes no Campus Sur de Santiago


A sección primeira da sala do contencioso-administrativo do TSXG condenou á Xunta a indemnizar a dous ocupantes dun vehículo e á aseguradora con 38.800 euros polos danos persoais e materiais ocasionados nun accidente de circulación provocado por un xabaril o 26 de outubro de 2015 na estrada PO-205, no termo municipal de Silleda. 


O tribunal conclúe na sentenza que a Xunta debeu de instalar sinalización que advertise do perigo que representaba “a frecuente presenza das especies que son obxecto de caza”.


PROXIMIDADE A UN LUGAR DE CAZA

O TSXG asegura que era “máis que previsible” a irrupción na estrada de animais soltos en liberdade porque está situada nas proximidades dun terreo cinexético no que teñen lugar batidas de jabalíes. A sala, ademais, tivo en conta os sinistros derivados de atropelos de animais que se produciron na zona, pois en 2015 rexistráronse tres; e en 2012 e 2014, outros dous. A sala subliña que a Xunta incumpriu “os estándares mínimos de seguridade esixibles respecto a os usuarios da vía”.


O tribunal resalta que “non existe base algunha” para considerar ao condutor do automóbil corresponsable do accidente, pois “nin se menciona nin existe no expediente proba que demostre que conducía sen temperarse ás circunstancias de vía mollada e reducida visibilidade”. Como consecuencia, rexeita no fallo rebaixar o importe da indemnización

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE