Denuncian na Fiscalía ao SERGAS por contratar médicos e pediatras sen o título legal
A Asociación "O Defensor do Paciente" remitiu ao Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un escrito no que pon no punto de mira ao SERGAS. "A Xunta contrata pediatras e médicos de familia sen o título necesario, isto pon en risco aos pacientes", argumenta o colectivo nun correo electrónico remitido ao fiscal Fernando Suanzes, no que achega esta noticia publicada onte por Galiciapress.
A Asociación "O Defensor do Paciente" remitiu ao Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un escrito no que pon no punto de mira ao SERGAS. "A Xunta contrata pediatras e médicos de familia sen o título necesario, isto pon en risco aos pacientes", argumenta o colectivo nun correo electrónico remitido ao fiscal Fernando Suanzes, no que adxunta esta noticia publicada onte por Galiciapress.
Directivos da Asociación Defensor do Paciente nunha pasada reunión o a Fiscalía Xeral do Estado
O asunto salta así da esfera pública ao ámbito xudicial. Está por ver se o TSXG de Galicia admite a trámite o escrito.
O VICEPRESIDENTE ADMÍTEO PERO TENTA LIMITALO
Onte, o sindicato CESM adiantou que a EOXI de Santiago estaba a contratar galenos sen o título necesario para atender en pediatría ou medicina de familia. A Xunta reaccionou cun comunicado no que admitía esta práctica, iso si alegando que eran casos excepcionais nos que non había outra opción posible. En ningún caso o Goberno desmentiu o argumento base de CESM, a Lei impide que médicos sen a especialidade atendan en pediatría ou medicina de familia.
Mesmo argumento enarborado este xoves polo vicepresidente de la Xunta. Preguntado respecto diso, Alfonso Rueda tentou limitar esta situación a "algunha excepción moi puntual" e xa "explicada pola Consellería". O número dous do Goberno puxo como escusa "garantir que a poboación non queda desatendida en ningún momento".
CREBA DA CONFIANZA NO SISTEMA
Argumentos que non lle valen á Asociación. Citando o artigo 262 da Lei de Enxuizamento Criminal remítenlle o caso á Fiscalía e pídenlle "a súa intervención para a protección que non está a exercer o Goberno de Galicia cos pacientes que van coa plena confianza de que lles vai atender un profesional capacitado e cumprindo a lei".
A Asociación do Paciente é un dos principais colectivos estatais de defensa dos usuarios da sanidade. É moi coñecida por dar amparo a persoas que din ser vítimas de neglixencias médicas, casos que a miúdo leva -e a miúdo gaña- na Xustiza.
A Xunta leva semanas poñendo como escusa da crise no SERGAS a falta de médicos, da que culpa ao sistema MIR, que xestiona o Estado.
O sucedido na EOXI de Santiago - dirixida por a curmá do presidente Alberto Nuñez Feijóo, Eloína Nuñez- mostra ata que punto a sanidade pública galega está a ter problemas para contratar profesionais, entre outros factores debido ás condicións precarias que ofrece.
Escribe o teu comentario