(VÍDEO) A sanidade de Galicia une as súas forzas en vésperas da manifestación

Este domingo celebrarase en Santiago de Compostela unha manifestación en defensa da sanidade pública.


|

Este domingo celebrarase en Santiago de Compostela unha manifestación en defensa da sanidade pública.


Manifestación en vigo pola sanidade pública


O próximo día 10 de febreiro celebrarase en Santiago de Compostela unha manifestación en defensa da sanidade pública. As rúas da capital galega acollerán a profesionais e usuarios do servizo sanitario galego que decidiron marchar xuntos para reivindicar unha mellora na atención sanitaria. Así, distintos organismos, como a plataforma ‘SOS Sanidade Pública’, que convoca o encontro, fretarán autobuses desde distintos puntos da comunidade para que aqueles que queiran participar na manifestación poidan acudir de forma conxunta.


A falta de poucos días para que se celebre esta concentración en defensa da sanidade pública, os traballadores de diversos PACs de toda Galicia mostraron publicamente o seu apoio á manifestación e ás reivindicacións do sector, que sente maltratado polas políticas de austeridade do goberno galego.






Lousame, A Pobra do Caramiñal, Lalín, Bertamiráns, Silleda, Rianxo…centenares de traballadores de toda Galicia piden que a Xunta atenda ás súas reivindicacións para poder prestar unha Atención Primaria efectiva e de calidade, poñendo fin á sobrecarga na atención, a precariedade laboral que sofre o sector, a falta de materiais ou a saturación que viven os servizos de urxencias. Esta manifestación chega ademais nun momento no que á Xunta ten varias guerras abertas, como a folga dos PACs, a do Servizo de Urxencias do CHUS ou a futura folga das ambulancias

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE