Galicia exhíbese nun dos lugares máis importantes de Estados Unidos

A presidenta do Consello da Cultura Galega presentará este venres un proxecto de plataforma virtual para a colectividade no exterior

|

A presidenta do Consello da Cultura Galega presentará este venres un proxecto de plataforma virtual para a colectividade no exterior

A exposición 'Os Adeuses', que recolle 73 fotografías en branco e negro de Alberto Martí, exhibirase desde o vindeiro sábado na mítica Ellis Island, en Nova York, no Museo Nacional de Inmigración. Será un "fito importante", en palabras do vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Xosé Manuel Núñez Seixas, xa que é "a primeira vez que os galegos figuran como grupo étnico" en Estados Unidos.


Presentación das actividades do Consello da Cultura en Nova YorkNúñez Seixas na rolda de prensa

Este martes o Consello da Cultura deu a coñecer o programa de actividades na cidade dos rañaceos co que se buscará promocionar a cultura galega no exterior, unha das liñas de traballo da súa nova presidenta, Rosario Álvarez, como expresou no seu discurso de toma de posesión.

Ademais da inauguración desta mostra, que tamén contará coa presenza do presidente de la Xunta --e presidente de honra do Consello da Cultura--, Alberto Núñez Feijóo; a visita a Nova York tamén servirá para impulsar unha plataforma que pretende poñer en contacto ás "novas diásporas" galegas. No caso da cidade neoyorkina, contou co impulso da gaiteira internacional Cristina Pato.

Como lembrou Núñez Seixas na rolda de prensa, a emigración galega aos países anglófonos e en concreto, a Estados Unidos, é menos coñecida que a dos países do sur de América; pero lembrou a importancia que tivo a colonia alí asentada tanto para acoller temporalmente a destacados intelectuais como Castelao, como no apoio que deron aos republicanos na Guerra Civil española.

A exposición, que se inaugurará ás 12,00 horas o sábado 9, centra boa parte das saídas dos galegos desde os portos de Vigo e A Coruña e o periplo do transatlántico Santa María, que cubría a ruta Caracas-Lisboa-Vigo e foi secuestrado polo Directorio Ibérico de Liberación (DRIL) en xaneiro de 1961.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE