Sindicato alerta que SERGAS contrata médicos e pediatras sen titulo "imprescindible"
A falta de galenos, recoñecida pola Xunta, non é escusa para poñer en "risco" á cidadanía; razoa CESM
A central sindical CESM denuncia supostas "contratacións ilegais" de "polo menos cinco persoas" na área sanitaria de Santiago que exercen como médicos de familias e pediatras sen contar co título de especialista ou a homologación correspondente.
Eloína Nuñez, xerente da EOXI do Sergas en Santiago
Nun comunicado, informa de que o pasado 30 de xaneiro dirixiuse por escrito á xerencia da EOXI de Santiago, que dirixe Eloína Nuñez, curmá do Presidente da Xunta, para poñer no seu coñecemento "as sospeitas sobre estas contratacións presuntamente irregulares", por mor das queixas e informacións facilitadas por algúns profesionais.
Por iso, o sindicato chama á xerencia para realizar as indagacións oportunas e a que se se comproba esta situación de ilegalidade tómense "medidas urxentes" para acabar con estas irregularidades.
ASEGURAN QUE É ILEGAL E TEMERARIO
Así, CESM expón que a falta de profesionais non pode xustificar que "se prescinda do título de especialista", "xa que ademais de ser ilegal supoñería unha temeridade e unha imprudencia co consecuente risco para a cidadanía".
A central sindical lembra que os títulos de especialidade de medicina familiar e comunitaria, así como pediatría e áreas específicas son requisito imprescindible para poder exercer en Atención Primaria no Sistema Público de Saúde.
Escribe o teu comentario