Recentemente ampliado, parte do Corredor do Morrazo cortado por desprendemento

Dous accidentes rexistrados na noite deste mércores, que se saldaron cun total de tres feridos, obrigaron a interromper o tráfico no Corredor do Morrazo.

|

A Xunta acabou o ano pasado a polémica transformación do Corredor do Morrazo en autovía. Polo sucedido esta noite, parece que unha parte das obras non quedaron todo o ben que debían. 


Dous accidentes rexistrados na noite deste mércores, que se saldaron cun total de tres feridos, obrigaron a interromper o tráfico no Corredor do Morrazo.



CANGAS DO MORRAZO


Segundo informou o 112 Galicia, un dos accidentes tivo lugar no termo municipal de Vilanova de Arousa (Pontevedra) onde tres turismos que circulaban pola VG-4.3, á altura do punto quilométrico 2,8, chocaron e unha persoa resultou ferida.


Este accidente ocorreu sobre as 22,15 horas deste mércores. Membros do Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía informaron ao 112 Galicia do choque múltiple.


Os xestores do Centro de Emerxencias pasaron aviso a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Ribadumia e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Tamén informaron a Policía Local e aos efectivos de Protección Civil de Cambados. Ademais, foi precisa a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada.


Minutos antes, sobre as 21,15 horas, no CIAE-112 Galicia recibiuse aviso doutro accidente no mesmo corredor. Neste caso tratouse dunha colisión entre unha furgoneta e un turismo, que se saldou con dúas persoas feridas.


Ata o lugar desprazáronse, ademais dos servizos sanitarios e dos axentes de Tráfico, os Bombeiros de Vilagarcía, a Policía Local e Protección Civil de Vilanova. Do mesmo xeito, achegáronse ata ao momento efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía. Unha vez evacuados os feridos e limpa a estrada, a circulación quedou totalmente restablecida.


DESPRENDEMENTO CORTA SAÍDA

Tamén pasados uns minutos das 4,30 horas deste xoves a Policía Local de Cangas informou ao 112 Galicia de o derrubamento dun muro de terra e pedras no Corredor do Morrazo, na saída de Cangas.


Así mesmo, comunicaron que, debido ao derrubamento, un coche chocara contra o mesmo, pero ninguén resultou ferido. Por iso, nese punto, a saída 12 dirección Aldán, tivo que ser pechada á circulación.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE