‘R’ patrocinará ao Deportivo da Coruña

A compañía de telefonía será o patrocinador principal do Depor na súa división da liga Genuine.


|

A compañía de telefonía será o patrocinador principal do Depor na súa división da liga Genuine.


Liga genuine

Partido de LaLiga Genuine / Foto: A liga


A empresa operadora de telefonía ‘R’, filial de Euskaltel, será o patrocinador do equipo que o Deportivo da Coruña ten en LaLiga Genuine. O acordo, para patrocinar ao conxunto esta tempada e a que vén, será presentado mañá.


No acto, que se realizará na sala de prensa de Riazor a partir das 12:30 horas, estarán presentes o presidente do RC Deportivo da Coruña, Tino Fernández, e Alfredo Ramos, director xeral de R.


LaLiga Genuine Santander é “unha iniciativa integradora de responsabilidade social e pioneira no mundo, organizada por LaLiga a través da súa Fundación, que consistente nunha Liga de fútbol integrada por equipos con persoas con discapacidade intelectual”, tal e como sinala a web de LFP. A competición, con 30 equipos, conta coa participación de tres equipos galegos: o RC Deportivo da Coruña, o RC Celta de Vigo e o CD Lugo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE