Cidadáns abre as portas ao portavoz do PP en Ourense, que dimite

Fontes oficiais de Cidadáns en Galicia, consultadas por Galiciapress, explican que o partido laranxa está aberto sempre á incorporación de persoas con talento e capacidade de traballo; aínda que matizan que por agora non hai nada firme.


|

Fontes oficiais de Cidadáns en Galicia, consultadas por Galiciapress, confirman os contactos e que as portas están abertas á unha persoa "coherente e comprometida"; aínda que matizan que por agora non hai nada firme.


Reaccionan así ás noticias dunha "decisión persoal", a dimisión do portavoz municipal do PP en Ourense, José Araújo.


Varios medios locais indican hoxe que podería formar parte dunha próxima lista de Cidadáns, posibilidade que o partido de Albert Rivera non descarta por agora. Iso se, fontes de Cidadáns Galicia deixan claro que o diálogo para estas cuestións está en mans do seu secretario de organización en Galicia, Laureano Bermejo e que ata a data non hai "nada" oficial e concreto. Ao fío da dimisión, apuntan que Ciudadanos non "mira o carné" para valorar posibles incorporacións sen a "capacidade de traballo e o talento" desas persoas.


Jose Araújo, fixo oficial este martes a súa dimisión na corporación municipal e comunicou a súa baixa nas filas populares. Ademais, non pechou a porta para acabar integrándose noutras siglas. Aínda que Vox podería ser outra opción en teoría, desde Cidadáns apúntase á "proximidade ideolóxica" con Araújo, quen na súa despedida criticou non só ao PP, senón aos grupos da actual oposición. 


Consultado por Galiciapress, osecretario de organización de Cidadáns Galicia destaca que José Araújo é unha "persoa moi coherente e comprometida" e "coñecida socialmente" en Ourense. Bermejo di, iso se, que  "non me corresponde valorar" un movemento que é "é persoal" e que "débese respectar".


O cargo laranxa admite que  "si houbo contactos" co dimisionario e fai referencia ao período de reflexión aberto polo político. Superado ese período, Bermejo engade de que se toma a decisión de unirse a Cidadáns Ourense as "portas están abertas para el  e para cualquera que queira traballar pola cidade". 




José Araújo, portavoz do PP en Ourense que dimitiuAraújo atendendo aos medios esta mañá


A menos de catro meses das eleccións municipais, Araújo recoñeceu que tivo contactos con outros partidos que se mostraron dispostos de acollelo, como Cidadáns, única formación á que citou de formación expresa. Con todo, indicou que se vai a tomar "un tempo" para reflexionar se adopta finalmente o paso de acabar noutro partido político.

CRÍTICAS AO GOBERNO LOCAL PERO TAMÉN Á OPOSICIÓN
Na súa comparecencia ante os medios, segundo resume Europa Press,  Araújo xustificou a súa decisión en que o grupo de goberno e a oposición "non cumpre coas expectativas que ten esta cidade" e desta forma "é imposible" que a urbe avance. Por iso, recoñeceu que mesmo pensara en pasarse ao grupo mixto, opción que finalmente refugou.

O Concello das Burgas está gobernado polo PP con só dez concelleiros, fronte a oito de Democracia Ourensá, seis do PSdeG e tres de Ourense en Común, situación na que os grupos municipais non foron capaces de poñerse de acordo para sacar adiante proxectos como os orzamentos.

UN REFERENTE NA CAPITAL DAS BURGAS
José Araújo Fernández (Francia, 1971) foi concelleiro desde 2003, primeiro co alcalde popular Manuel Cabezas e despois con Enrique Novoa. Tras unha etapa na oposición, converteuse nun concelleiro de referencia no goberno de Jesús Vázquez, debido a que chegou a ter delegadas as competencias de áreas tan importantes como as de Infraestruturas e Perímetro Rural, Medio Ambiente e Parques e Xardíns, Limpeza Viaria ou Transporte Público, entre outras.

O ALCALDE DISE SORPRENDIDO
Pola súa banda, o alcalde de Ourense dixo que é "unha decisión persoal" que respecta, aínda que recoñeceu que lle pillou de sorpresa, xa que se enterou esta mesma mañá, cando Araújo trasladoulle que se trataba dunha determinación "de carácter inmediato e non reversible". Vázquez Abad admitiu tamén que contaba con este veterano edil para a lista coa que concorrerá aos comicios do 26 de maio e preguntado sobre a repercusión de se decide irse a outro partido, indicou que podería ser unha opción para abrir vías de negociación e diálogo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE