Un museo dedicado á familia de ‘Os Bolechas’
O Concello de Ourense aprobou a cesión temporal a Deputación ourensá dun edificio no centro histórico da cidade, que albergará o museo.
O Concello de Ourense aprobou a cesión temporal á Deputación ourensá dun edificio no centro histórico da cidade, que albergará o museo.
“Este é un novo paso no proxecto por converter esta zona nun centro vivo e dinámico”, declarou a conselleira Flora Moure. O museo, que se instalará no 23 da Rúa Cervantes, pretende ser “un novo punto de atractivo, neste caso para os máis novos da cidade pero tamén para todos os pequenos chegados desde toda Galicia”.
Ademais, a conselleira relacionou a apertura do museo con outras dotacións, como a inauguración do albergue de peregrinos, “o máis moderno da Vía dá Prata”, ou a rehabilitación de vivendas de promoción pública e baixos comerciais.
O museo contará con tres plantas, planta baixa e planta baixo cuberta. Por outra banda, a cesión do complexo esta previsto por un período máximo de 25 anos.
Escribe o teu comentario