Lugo logra hemodinámica 24 horas tras anos de loita

O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo contará co servizo de Hemodinámica as 24 horas como reivindicaron persoal sanitario e usuarios.

|

O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo contará co servizo de Hemodinámica as 24 horas como reivindicaron persoal sanitario e usuarios durante anos. A Xunta cede finalmente no medio dunha crise de imaxe pola falta de medios e persoal no SERGAS.



Piden hemodinámica 24 horas

Unha pasada protesta dos socialistas ante o Parlamento reclamando a hemodinámica 24 horas


Este xoves está prevista ás 13,00 horas no HULA unha comparecencia do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, para anunciar os detalles da ampliación do servizo de Hemodinámica 24 horas en Lugo.

A ampliación deste servizo prodúcese despois de numerosas mobilizacións para reivindicar a súa ampliación a 24 horas, xa que na actualidade non estaba cuberta a franxa nocturna de 22,00 a 8,00 horas.

En febreiro do ano pasado o titular de Sanidade defendeu, ante as reivindicacións de diversos colectivos, que o servizo de Hemodinámica do HULA multiplicara "por tres" o seu horario.

Así, Almuiña puxo en valor os "grandes avances" conseguidos nos últimos anos en Cardiología en Lugo, cunha nova mellora ao ampliar o servizo de Hemodinámica de 8,00 horas a 22,00 horas.

A Xunta EMPEZA A REACCIONAR Á CRISE SANITARIA
Agora, esta nova mellora na atención en Lugo se produce días despois de que o Sergas asinase con sindicatos o novo contrato para estabilizar a médicos e pediatras en Galicia co fin de retelos ante a falta de profesionais en determinadas especialidades.

Ademais, coincide no tempo coas reuniones que mantén o Sergas con diversos profesionais do ámbito sanitario para abordar un novo modelo da Atención Primaria ante a reivindicación de melloras do persoal deste nivel asistencial.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE