O Colexio Oficial de Enfermería rexeita a proposta de Vázquez Almuiña

Os profesionais de enfermería son contrarios á creación da figura do Director de Atención Primaria, unha medida que resta competencias ao sector.


|

Os profesionais de enfermería son contrarios á creación da figura do Director de Atención Primaria, unha medida que resta competencias ao sector.


Enfermeiros


O Colexio Oficial de Enfermería anunciou o seu rexeitamento á proposta do Conselleiro de Sanidade de crear a figura do Director de Atención Primaria, que tería competencias sobre a xestión económica, asistencial e de recursos humanos de toda a Atención Primaria. Os profesionais de enfermería son contrarios a esta medida porque nese novo modelo de xestión das áreas sanitarias provocaría que “a dirección de enfermería non teña a súa propia estrutura e estea ao mesmo nivel que a médica”.


Así o fixo saber nun comunicado, onde anuncia a reunión que manterán os Colexios de Enfermería estea 21 de xaneiro e onde se votará outro asuntos. “É a Xerencia e Director Asistencial a quen lle corresponde a coordinación e non a unha Dirección médica. Esta medida improvisada e carente de argumentación só trata de satisfacer un interese partidista, non pretende solucionar a situación precaria e de sobrecarga asistencial que sofren os profesionais de Atención Primaria”, expón o comunicado, que tamén recalca que, de aplicarse, volveriamos a “un sistema retrogrado e obsoleto”.


O COE defende o traballo en equipo e interdisciplinar, para recuperar a calidade da Atención Primaria en Galicia, crear unha Dirección Médica e de Enfermería de Atención Primaria ao mesmo nivel”, di a nota, onde fai un chamamento a crear “unha adecuada planificación e coberturas profesionais aos enfermeiros e enfermeiras” para reverter a crise, provocada pola “nefasta planificación do SERGAS”.


“O profesional está sobrecargado, presionado e obrigado a traballar nunhas condicións precarias”, lamenta a nota, onde tamén anuncia que o SERGAS iniciou reunións cos profesionais co obxectivo deseñar un novo modelo de atención primaria para cubrir as necesidades da poboación. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE