As primeiras neves obrigan a actuar en estradas de 10 concellos

O Goberno da Deputación de Lugo mantén despregado o dispositivo de inverno que traballa no acondicionamento de estradas de 10 concellos da provincia pola presenza de placas de xeo.

|

O Goberno da Deputación de Lugo mantén despregado o dispositivo de inverno que traballa no acondicionamento de estradas de 10 concellos da provincia pola presenza de placas de xeo.


Neve, nevadas, estradas nevadas, temporal, frío,


Segundo informou o Executivo provincial a través dun comunicado, os operativos traballan en concellos da montaña e do sur da provincia de Lugo, nos que se centran en desfacer as placas de xeo e retirar as capas de neve --de ata cinco centímetros-- para "garantir a seguridade dos usuarios das vías".


Hai afectadas ao redor dunha trintena de estradas repartidas por Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Quiroga, Ribas de Sil e Samos.


A Deputación lembrou que "ofrece asistencia viaria municipal a todos os concellos", que o fai "de modo totalmente gratuíta", unha prestación "que non ofrecen o resto das administracións" e que "é moi necesaria para as entidades locais, debido á súa falta de medios".


Ademais, a Dirección Xeral de Tráfico informa, a través da súa páxina web, de que "a meteoroloxía adversa" provoca "circulación irregular" na A-8, á altura de Mondoñedo, desde o quilómetro 536 e o 552, en ambos os sentidos, e pediu que se circule con "precaución".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE