Como é posible que arda o monte en plena alerta por frío?

Esta fin de semana arderon polo menos outras 52 hectáreas, no Courel e Fisterra. Levamos case 70 incendios no que vai de ano, a maioría en xornadas con moitísimo frío. Mentres, a principal ferramenta de la Xunta contra o lume, o SEAGA, vive un conflito laboral.


|

Esta fin de semana arderon polo menos outras 52 hectáreas, no Courel e Fisterra. Levamos case 70 incendios no que vai de ano, a maioría en xornadas con moitísimo frío.




Incendio fisterra mar


Os expertos apuntan a lumes provocados para rexenerar zonas de pradería. O tempo frío e seco adiantou este habitual pico de lumes en Galicia, boa parte deles no Macizo Central de Ourense .Mentres, a principal ferramenta de la Xunta contra o lume, o SEAGA, vive un conflito laboral. 


O incendio forestal rexistrado na tarde deste domingo no termo municipal de Folgoso do Courel (Lugo) quedou extinguido tras queimar unhas 30 hectáreas de monte raso.


Segundo informou a Consellería do Medio Rural, este lume comezou ás 14,26 horas deste domingo na parroquia de Noceda, no concello lucense de Folgoso do Courel, e quedo extinguido ás 19,31 horas da mesma xornada.


Na extinción deste incendio traballaron un axente, catro brigadas, unha motobomba e un helicóptero, concretou o departamento de Medio Rural.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE