A Xunta patrocina a internacionalización das empresas galegas

A Consellería de Economía, Emprego e Industria abriu o prazo da convocatoria Galicia Exporta, tanto para empresas como para organismos intermedios, ao cal destinará nos próximos dous anos oito millóns de euros, o que supón un 23% máis que no bienio anterior.

|

A Consellería de Economía, Emprego e Industria abriu o prazo da convocatoria Galicia Exporta, tanto para empresas como para organismos intermedios, ao cal destinará nos próximos dous anos oito millóns de euros, o que supón un 23% máis que no bienio anterior.


Exportacións


As axudas, cofinanciadas co fondo europeo Feder, poderanse solicitar ata o 7 de marzo e cubrirán ata o 80% dos gastos subvencionables no caso dos proxectos acollidos á liña Galicia Exporta Organismos Intermedios, mentres que no caso de Empresas financiarán ata o 70% das accións.



Ademais, nesta convocatoria a administración aumentará as cantidades que cada beneficiario poderá percibir, de maneira que pasan de 70.000 euros a 80.500 euros no caso das empresas, e de 150.000 euros a 176.000 euros para os organismos intermedios.

Tal como sinalou a Xunta, con esta iniciativa preténdese "reforzar a presenza das pemes galegas en mercados xa consolidados como Latinoamérica e Europa", así como seguir impulsando as vendas en Asia, mediante liñas específicas para proxectos individuais e colectivos coordinados por organismos intermedios empresariais e cámaras de comercio.

Neste aspecto, desde 2009, as exportacións galegas aumentaron un 55,3%, marcando en 2017 un novo récord histórico ao superar por primeira vez os 21.000 millóns de euros.

Así mesmo, ata outubro de 2018, Galicia seguiu batendo cifras históricas, cun incremento das exportacións do 8,6% nos dez primeiros meses do ano pasado con respecto ao mesmo período de 2017. O anterior programa, que estivo vixente durante 2017 e 2018, facilitou apoio directo a 466 empresas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE