Concello de Vigo nega enchufe para elixir director do museo MARCO

O portavoz do grupo municipal socialista de Vigo, Carlos López Font, rexeitou as declaracións sobre un "previsible dedazo" na elección do novo director de Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) realizadas o pasado xoves polo portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez Correa.

|

O portavoz do grupo municipal socialista de Vigo, Carlos López Font, rexeitou as declaracións sobre un "previsible dedazo" na elección do novo director de Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO) realizadas o pasado xoves polo portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez Correa.



Miguel ferandez cid

Miguel Fernández-Cid


"TRIBUNAL INDEPENDENTE"

"Son un completo disparate de inicio a fin", sostivo Font, para engadir que "o novo director do MARCO sairá dun concurso público de nivel elevadísimo, cun tribunal independente de recoñecido prestixio".


"Marea de Vigo debía de augurar que non habería concurso, por tanto agora, dáme a impresión de que as súas declaracións son para escapar do ridículo cunha serie de falsidades", argumentou o socialista.


Font trasladou este venres que o comité técnico para a selección do novo director do MARCO ten como presidente a Cayetano Rodríguez Escudeiro, concelleiro de Cultura.


Así mesmo, por parte do Concello de Vigo figuran Miguel Zugaza, actual director do Museo de Belas Artes de Bilbao, que foi director do Museo do Prado entre 2002 e 2017; e Juan Miguel Bonet, que desde o ano 1995 ata o 2000 exerceu como director do Instituto Valenciano de Arte Contemporánea e, posteriormente, director do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid.


Por parte de la Xunta de Galicia participa no devandito comité Antón Castro Fernández, profesor titular do departamento de Historia da arte da Universidade de Vigo. Tamén o Goberno de España está representado, neste caso por Miguel González Adoite, subdirector xeral de museos estatais.


"Parécelle que este comité técnico non é o idóneo para seleccionar ao novo director do MARCO? Porque nós afirmamos o contrario", interpelou Font ao portavoz de Marea de Vigo, que o pasado xoves apuntou que o nome de Miguel Fernández-Cid, actual tesoureiro da Real Academia Galega de Belas Artes, está "en boca da xente do mundo artístico" para substituír a Iñaki Martínez Antelo.


PROCESO "INMACULADO"

"É difícil atopar un comité técnico desta envergadura para a selección dunha praza como a do director do MARCO", reiterou Font despois de detallar os membros deste órgano.


Segundo o portavoz socialista, se presentaron seis candidaturas de diferentes puntos de España e o próximo 21 de xaneiro reunirase este comité técnico par avaliar toda a documentación presentada e, posteriormente, o día 31 realizará unha entrevista persoal aos candidatos presentados. "Un proceso inmaculado, público e de total transparencia", insistiu Font.


"Lamentablemente para el, e para o seu grupo político, este Goberno as cousas faias ben, dentro da legalidade e da transparencia. Cun comité que vai a prestigiar a decisión que se tome sobre a dirección do director do MARCO", aseverou Font en alusión a Marea de Vigo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE