A homenaxe máis filarmónica a Castelao


Hoxe cúmprese o 69 aniversario do falecemento da figura crave do galeguismo político. Entre as numerosas homenaxes, a Real Filaharmonía prepara un concerto especial con obras de Piazzolla e Stravinsky entre outros 


|

Hoxe cúmprese o 69 aniversario do falecemento da figura crave do galeguismo político. Entre as numerosas homenaxes, a Real Filaharmonía prepara un concerto especial con obras de Piazzolla e Stravinsky entre outros 


Distintos actos culturais lembran dentro e fóra de Galicia a figura de Alfonso Rodríguez Castelao, cando se cumpren, este luns 7 de xaneiro, 69 anos desde o seu falecemento.


Non title
Así, unha delegación do Consello da Cultura Galega (CCG), encabezada pola súa presidenta, Rosario Álvarez, realizou este luns unha ofrenda floral ante a tumba do escritor galeguista, no Panteón de Galegos Ilustres de Santiago, e lembrou a súa figura.

Ademais, a entidade quixo conmemorar esta efeméride prolongando ata o 3 de marzo a apertura da exposición 'Alba de Gloria', que alberga tamén a igrexa de San Domingos de Bonaval e recrea o último gran discurso de Castelao a través de elementos audiovisuais e de realidade virtual. Do mesmo xeito, a presidenta do CCG avanzou que se está traballando xa na itinerancia desta mostra.

CONCERTO O 17 DE XANEIRO
Tamén a Cidade da Cultura de Galicia lembrou nas redes sociais que o 7 de xaneiro de 1950 morría en Buenos Aires Castelao, unha data sinalada na que a entidade aproveitou para convidar á cidadanía para visitar a mostra 'Castelao Maxistral', que alberga en Museo Centro Gaiás e na que, por primeira vez en Galicia, pode verse a coñecida obra 'A derradeira leición do mestre'.

Dentro das actividades ao redor da figura deste ilustre galeguista, a Cidade da Cultura acollerá o próximo 17 de xaneiro un concerto da Real Filharmonía de Galicia que virará ao redor da vida no exilio de Castelao e ao que, de feito, seguirá un encontro con persoas refuxiadas.

Castelao viviu en Buenos Aires os últimos 50 anos da súa vida e, de feito, faleceu no sanatorio do Centro Galego desta cidade. Por iso, na capital arxentina tamén se organizará, o próximo 12 de xaneiro, un acto na súa memoria. Será fronte ao busto que Castelao ten na praza que leva o seu nome en Buenos Aires, onde a Federación de Asociacións Galegas no país lembrará a esta "figura crave da historia de Galicia".

De volta en Galicia, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, participará ás 19,00 horas en Ourense no acto 'Castelao e Prada: Irmaus!', que organiza a Deputación provincial para conmemorar esta efeméride.

O acto estará conducido polo expresidente do Consello da Cultura Galega Ramón Villares e nel participarán o presidente provincial, Manuel Baltar, e o escritor e representante da familia Prada Allende Luís González Tosar.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE