Olsson caese da lista de fichaxes do Celta

O centrocampista sueco era un dos nomes marcados en vermello na axenda do Celta, que busca recambios por se se ve obrigado a substituír a algún dos seus alicerces.


|

O centrocampista sueco era un dos nomes marcados en vermello na axenda do Celta, que busca recambios por se se ve obrigado a substituír a algún dos seus alicerces.


Olsson


Como o frío, xaneiro entrou forte nas oficinas do Celta de Vigo. O club traballa en varias frontes, principalmente no que a saídas refírese. Aínda que os esforzos parecen centrados en dar carpetazo aos casos de Roncaglia e Junior Alonso, xa que ambos se preparan para desembarcar no fútbol arxentino e previsible, a dirección celeste sonda o mercado non só en busca de defensores que cubran o oco que deixan os dous defensas, senón tamén futbolistas que poidan dar un salto de calidade ao persoal. E é aquí onde entraba Kristoffer Olsson, un centrocampista sueco que, no caso de que Lobotka terminase facendo as maletas este mercado de fichaxes, chegaría a Vigo para substituír ao eslovaco.


Non son poucos os equipos interesados en Lobotka. O centrocampista xa foi relacionado no pasado co FC Barcelona ou o Real Madrid, aínda que os equipos que realmente chegaron a contactar coa súa contorna foron o PSG e o Napoli. Este último é o que máis forte apostou pola contratación do internacional eslovaco, que en San Paolo reencontraríase co seu compañeiro Marek Hamsik.


O Celta só deixará saír ao seu xogador por unha cifra superior aos 30 millóns, e en Sicilia, onde Diawara e Marko Rog poden abandonar o club napolitano, esperan a que se concreten as operacións para acelerar o paso por Lobotka. Por outro lao, o eslovaco nunca escondeu o seu desexo de recalar no equipo dirixido por Ancelotti, e esta situación sacou a escena o nome de Olsson, un descoñecido para o gran público pero una das promesas do futbol sueco.


QUEN É OLSSON?

Kristoffer Olsson é un centrocampista sueco, destro, moi técnico e con visión de xogo. Aínda que fisicamente non responde o arquetipo de xogador nórdico, a súa seguridade á hora de sacar o balón xogado e o seu amorne na construción do xogo permítenlle xogar tanto de pivote como de enganche, como ligazón entre o centro o campo e a dianteira. Ademais, a súa boa chegada desde segunda liña fanlle ser un perigo para porta.


Aos seus 23 anos xa gañou as ligas de Suecia co AIK, o seu equipo, e de Dinamarca co Midtjylland, onde deu os seus primeiros pasos como profesional despois de formarse na canteira do Arsenal, onde non atopou sitio. Preparado para dar o salto a un futbol máis competitivo, o AIK taxou á súa perla en 5 millóns de euros, unha cantidade que o Celta estaba a tratar de rebaixar. Calciomercato informara do interese dos vigueses no sueco, mentres que algúns medio de Suecia metían no mesmo saco do cadro olívico a  Udinese e Krasnodar, e foi este último, o equipo ruso, o que levou ao gato á auga segundo o comunicado emitido polo propio Olsson na súa conta de Twitter.



Con todo, a chegada dunha nova fichaxe no centro do campo non está unicamente supeditada á saída de Lobotka. No caso de que Emre Mor abandone o equipo, en Balaidos poderían lanzarse a por unha nova fichaxe polo diñeiro que deixe en caixa o turco. Tamén a falta de continuidade de Jensen podería propiciar a chegada dunha cara nova. En Vigo valoran a posibilidade de seguir sondando o mercado escandinavo, caladoiro habitual do Celta nos últimos anos e que ha resultado ser un éxito para o club tanto no plano económico como deportivo. Haberá que esperar para saber se hai movementos na sala de máquinas celeste, pero o que é seguro é que nos despachos o trafego é continuo, aínda que as operacións non sempre cheguen a bo puero. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE