Agride a tres policias que o detiveron por conducir borracho

O detido, que conducía de forma temeraria polas rúas de Lugo, deu positivo cunha taxa de alcoholemia 1,06.


|

O detido, que conducía de forma temeraria polas rúas de Lugo, deu positivo cunha taxa de alcoholemia 1,06.


Controlalcoholemianadal


Un home de 33 anos veciño da Pastoriza (Lugo) foi detido na madrugada do sábado por conducir de maneira temeraria e baixo os efectos do alcol polas rúas de Lugo.

Segundo informou o consistorio local este sábado, o detido chegou a agredir a tres axentes de Policía, que resultaron feridos de diversa consideración.

O individuo foi interceptado cando conducía de maneira temeraria por varias rúas da capital provincial. Nese momento, a patrulla que deu alto ao condutor solicitou reforzos, xa que este mantiña unha actitude "agresiva e ameazante".

Acudidas no lugar outras dúas patrullas, o detido foi sometido á proba de alcoholemia, na que arroxou un resultado positivo de 1,06 miligramos por litro.

Os axentes comunicáronlle que debía acompañalos á comisaría para confeccionar as dilixencias pertinentes como infractor dun delito contra a seguridade, momento no cal, segundo o relato policial, o individuo "volveu poñerse agresivo" e comezou a "lanzar patadas e golpes" cara aos policías.

Logo de ser reducido polas forzas da orde, o home, que durante o traxecto golpeou coa cabeza o biombo de seguridade do coche patrulla, foi trasladado a comisaría tras pasar polo PAC de Fingoy, onde "se negou a realizar proba algunha así como a tomar o tratamento pautado polo médico de garda".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE