32 persoas máis morreron o ano pasado nas estradas galegas

Galicia pechou o ano 2018 con 104 vítimas mortais nas estradas da comunidade, segundo o dato provisional da Dirección Xeral de Tráfico facilitado este xoves pola Delegación do Goberno.

|

Galicia pechou o ano 2018 con 104 vítimas mortais nas estradas da comunidade, segundo o dato provisional da Dirección Xeral de Tráfico facilitado este xoves pola Delegación do Goberno.


Tres mortos nun accidente de tráfico en Valdoviño


Deste xeito, a Comunidade galega terminou 2018 co "cuarto mellor dato histórico en sinistralidade viaria, aínda que cun crecemento respecto a 2017, cando foron 76 as persoas falecidas na estrada", explicou nun comunicado de prensa a Delegación do Goberno en Galicia.


O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, mostrou este xoves o seu desexo de que a redución do límite de velocidade en estradas convencionais "sirva para mellorar os datos de sinistralidade nas vías galegas".

Así o manifestou tras avanzar que a Comunidade pechou 2018 con 104 vítimas mortais nas estradas. Ante estas cifras, Javier Losada mostrou a súa "preocupación" e lembrou as campañas específicas que perseguen "mellorar os números" ata "chegar ás cero vítimas".

En concreto, mencionou, sinalou a Delegación do Goberno, "campañas específicas de vixilancia contra elementos cruciais na estrada, como a velocidade, o uso do cinto ou o estado dos vehículos". "Ademais, reforzouse o control das distraccións ante o aumento do uso das novas tecnoloxías ao volante, co risco que comporta", engadiu.

Como medida adicional, a Delegación lembra o Goberno aprobou unha redución no límite de velocidade nas estradas convencionais, de 100 a 90 quilómetros por hora. Javier Losada espera que isto "permita mellorar a seguridade en 10.000 quilómetros de vías en España".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE