As políticas de Donald Trump chegan ata Ferrolterra

Os empregados da planta de Siemens-Gameas nas Somozas ven afectados polas medidas implantadas polo executivo estadounidense, poñendo impedimentos á hora de viaxar a Estados Unidos para formar aos seus compañeiros. 


|

Os empregados da planta de Siemens-Gameas nas Somozas ven afectados polas medidas implantadas polo executivo estadounidense, poñendo impedimentos á hora de viaxar a Estados Unidos para formar aos seus compañeiros.


Planta de Gamesa As Somozas



As políticas laborais de tipo restritivo impostas pola administración de Donald Trump en EE.UU. están a motivar que os traballadores da planta de Siemens-Gamesa nas Somozas (A Coruña), dedicada á fabricación de pas para aeroxeradores, teñan agora moitos máis problemas para poder viaxar a este país para formar aos seus compañeiros de profesión nas técnicas empregadas por eles.

Segundo informacións ás que tivo acceso Europa Press, a multinacional eólica tiña previsto enviar a oito operarios da planta de Ferrolterra nos próximos días, durante este mes de xaneiro, á planta situada en Fort Madison, no condado de Le, no Estado de Iowa, e que pertencía ante da fusión entre ambas as compañías a Siemens, dedicada tamén á fabricación de pas para abastecer ao mercado americano.

Pero as políticas laborais do Goberno de Trump están a motivar que desde a Embaixada de EE.UU. en España, a través do departamento de Visados, estea a rexeitarse aquelas solicitudes que non corresponden con profesionais titulados universitarios con estudos neste ámbito ou, no caso dos operarios sen este tipo de títulos, que teñan unha antigüidade de polo menos dous anos de traballo por cada ano de estudos dunha enxeñería, é dicir, un contrato laboral e unha experiencia superior aos dez anos, o que limita aos posibles candidatos a viaxar.

OUTROS ESCENARIOS

Segundo trasladaron a Europa Press varias fontes, é a primeira ocasión na que a multinacional europea está a atoparse con esta situación, xa que durante os últimos anos foi algo habitual que os operarios das Somozas acudan a varios países para formar os seus compañeiros.

Isto ocorre porque a planta de Ferrolterra é un referente na formación en lugares como China, India ou Marrocos, onde estiveron mesmo durante os últimos meses, e mesmo no pasado a EE.UU, durante a etapa de Barack Obama na Casa Branca, sen que se producisen estas restricións.

Fontes sindicais apuntaron tamén que son coñecedores de que existe unha oferta para viaxar a América para participar no proceso de formación aos operarios da planta de Fort Madison, pero aseguran descoñecer a existencia destes problemas, porque, a pesar de solicitar información sobre o asunto, non recibiron resposta.

De todos os xeitos teñen constancia de que catro operarios xa teñen confirmada a súa marcha nas próximas semanas, e que, ademais, todos eles cumpren coa antigüidade reclamada segundo as condicións do Goberno americano para poder realizar a súa tarefa durante catro meses, tempo estimado que permanecerán en chan estadounidense.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE