Atropelo mortal nunha vía rápida

Un home duns 40 anos de idade faleceu na mañá deste mércores ao ser atropelado por un vehículo na estrada VG-4.3 no termo municipal de Cambados (Pontevedra).

|

Un home duns 40 anos de idade faleceu na mañá deste mércores ao ser atropelado por un vehículo na estrada VG-4.3 no termo municipal de Cambados (Pontevedra).



Corvillno vg43


Segundo informou o 112 Galicia, o atropelo tivo lugar sobre as 4,30 horas deste mércores á altura da saída de Corvillón, sentido AG-41, na VG-4.3.


Foi un particular quen contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia sobre as 4,30 horas para comunicar o suceso e solicitar asistencia urxente para a que persoa que estaba tendida na vía.


Por iso, o persoal do 112 Galicia alertou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ribadumia e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.


En concreto, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial e un médico do Punto de Atención Continuada (PAC) da zona que confirmou o falecemento no lugar do home F.F.P., de 40 anos, sinalaron a Europa Press fontes sanitarias.


Ata ao lugar do accidente tamén acudiron a Policía Local e Protección Civil de Cambados que, ademais, solicitaron medios de limpeza para retirar os restos do accidente e restablecer as condicións de seguridade na vía.


As causas do suceso están a ser investigadas polas forzas de seguridade.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE