2019 trae peaxes máis caras pero taxas municipais conxeladas

A Xunta, pola súa banda, aplicará desde o 1 de xaneiro as rebaixas fiscais que inclúen os orzamentos

|

Diñeiro

A Xunta, pola súa banda, aplicará desde o 1 de xaneiro as rebaixas fiscais que inclúen os orzamentos

As sete grandes cidades de Galicia manterán as súas taxas e prezos municipais conxelados durante 2019, ano no que os galegos volverán pagar máis polas peaxes das autoestradas e polos billetes de ferrocarril.

Na Coruña non haberá "cambios substanciais", aínda que si se estudan modificacións "con respecto a algunha ordenanza que non ten deveño anual"; mentres, en Vigo, o goberno local reivindica que os orzamentos recentemente aprobados profundan en exencións de impostos e rebaixas de taxas para familias numerosas e fogares con poucos recursos.

En Santiago, a tónica será "a mesma deste ano", con taxas e prezos municipais conxelados. En Pontevedra, "conxélanse e xa é o quinto ano consecutivo"; en Lugo "vai quedar todo como está" e en Ferrol tampouco se vai a incrementar a carga fiscal nas taxas, prezos e tributos.

Pola súa banda, en Ourense, ao prorrogarse o orzamento, "todo está igual, salvo o IBI, que baixa outro 10%, que se suma ao outro 10% baixado en 2017".

Así o confirman fontes locais consultadas por Europa Press. Será un ano, 2019, que empezará coa inflación no 1,6%, que é a última taxa interanual que publicou o INE, a correspondente ao mes de novembro.

Ese mesma porcentaxe, do 1,6%, será o que suban as pensións, segundo aprobou esta semana o Consello de Ministros, así como un 3% as mínimas e non contributivas.

PEAXES
No tocante a peaxes, o prezo medio da peaxe das autoestradas que conforman a rede estatal subirá un 1,67% a partir deste 1 de xaneiro de 2019.

Deste xeito, o aumento na AP-9 alcanzará o 3,47% desde este mércores, ao sumarse un 1% imputable ás obras de ampliación da ponte de Rande e un 0,8% relativo á gratuidade no tramo Vigo-Pontevedra. Isto, despois da alza do 2% que os viaxeiros notan nos seus petos desde o 31 de outubro.

Nas autoestradas de titularidade galega (a AG-55, da Coruña a Carballo e AG-57, de Puxeiros a Val Miñor), a previsión de la Xunta é aplicar "unicamente" o IPC.

"Como este ano sobe, pois toca subir, pero só cinco céntimos e, o máis importante, só en nove dos máis de 20 tramos que hai", destacan fontes da Consellería de Infraestruturas consultadas por Europa Press.

Ademais, este departamento do Goberno galego lembra que "está previsto poñer en marcha en 2019 as bonificacións do 50% en horario nocturno".

RENFE
Para viaxar en tren, haberá que ter en conta os cambios que introducirá Renfe en 2019. A operadora ferroviaria conxela as tarifas dos servizos públicos dos bonos multiviaje dos Avant e Media Distancia.

Con todo, actualiza o prezo dos billetes sinxelos e ida e volta dos Avant (un 7%) e os da Media Distancia (3,5%). Haberá tamén un novo bono Avant de 10 viaxes para gastar en 45 días que permitirá descontos do 35% sobre a tarifa basee e beneficiará aos clientes que ata agora usaban o ida e volta.

XUNTA
No que concierne á Xunta, Galicia aplicará desde o 1 de xaneiro as novas rebaixas fiscais que inclúen os orzamentos de 2019, que publicou o DOG tamén esta semana.

Entre as novidades atópase a rebaixa do 8% ao 7% no imposto sobre transmisións patrimoniais no caso de vivenda usada para uso habitual, unha baixada que será do 4% ao 3% no caso de familias numerosas, persoas con discapacidade e mozas menores de 36 anos.

O 1 de xaneiro tamén entra en vigor a baixada no imposto sobre sucesións e doazóns nas herdanzas entre irmáns, de modo que o 60% delas quedarán libres de tributación. Por último, a Xunta tamén reverte a subida do imposto sobre o patrimonio de 2013, de modo que Galicia volve ter a tarifa estatal, e aplicará novas deducións no ámbito da innovación.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE