A quinta edición de 'Nortear' busca aos novos talentos da novela curta
A Xunta de Galicia, a Dirección Rexional de Cultura do Norte (Portugal) e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (AECT) convocaron a quinta edición do premio literario 'Nortear', cun premio de 2.000 euros para o gañador
O certame ten como obxectivo "promover a aparición de novos escritores na Eurorrexión", segundo explicou o Goberno galego este sábado.
Ademais, pretende "descubrir novos talentos, estimular a produción de obras inéditas ficción, incentivar a creatividade entre os mozos e o fomento da circulación e distribución das obras máis aló das fronteiras".
Ademais do premio económico, o gañador ten garantida a publicación de "un mínimo de 500 exemplares" da súa obra en edición bilingüe, con editoriais do norte do país luso e da comunidade galega.
Para poder participar, os candidatos deben ter entre 16 e 36 anos, residir en Galicia ou no norte de Portugal e presentar unha obra antes do 28 de xuño do próximo ano en galego ou portugués do xénero do relato curto.
Escribe o teu comentario