A piques de saír á venda as entradas para Manolo García en Galicia
O vindeiro mércores 2 de xaneiro ás 09:00h, poñeranse á venda as entradas dos concertos ou que Manolo García celebrará na Coruña o 18 de maio e o 17 de maio en Vigo no marco da xira acústica coa que percorrerá España con máis de 50 concertos.
As entradas estarán á venda nos puntos de venda oficiais en ataquilla.com
O vindeiro mércores 2 de xaneiro ás 09:00h, poñeranse á venda as entradas dos concertos que Manolo García celebrará na Coruña o 18 de maio e o 17 de maio en Vigo no marco da xira acústica coa que percorrerá España con máis de 50 concertos.
Despois de militar desde os anos oitenta en Los Rápidos, Los Burros e El Último de la Fila, incluíndo ata hoxe a súa carreira en solitario, esta é a primeira vez que Manolo García preséntase en formato acústico. É dicir, deixa ao carón momentaneamente o aparato eléctrico que tanto lle gusta a el. Decidiu, nesta ocasión, dar un xiro de 180 graos e revisar o máis selecto do seu repertorio e traballalo dun modo absolutamente acústico con outras sonoridades e cargando tintas nas guitarras españolas e acústicas.
Formato acústico pero cunha extensa banda sobre o escenario. Unha sorpresa para o oído dos seus seguidores ou persoas que se achegan por primeira vez á súa música. Unha nova posibilidade de emoción onde a súa interpretación e a súa voz chegarán dunha maneira diferente.
A banda estará composta por Ricardo Marín, Víctor Iniesta, Josete Ordoñez (guitarras españolas, acústicas e laúde), Juan Carlos García (piano, percusión e coros), Esquezo Lanza (violín e chelo), Charly Sardà (percusións) e Iñigo Goldaracena (contrabaixo e acordeón), ademais claro de Manolo García (voz e guitarra acústica).
Escribe o teu comentario