Viaqua reitera o seu compromiso social da man de Amilaxa
Ambas as compañías asinan un convenio de colaboración para poñer en marcha diversas actividades na comunidade.
Ambas as compañías asinan un convenio de colaboración para poñer en marcha diversas actividades na comunidade.
Instalacións de Viaqua.
Viaqua dá un novo paso no seu compromiso coas persoas con discapacidade asinando un novo convenio con Amilaxa Servizos Xerais, situada en Fene. Este convenio de colaboración empresarial permitirá desenvolver diferentes actividades en Galicia co fin de ser un motor para a inclusión social.
Na nota emitida por Viaqua, destaca que “Amilaxa ten o obxectivo de ser o aliado perfecto de empresas, institucións e autónomos, considerándose como uno máis dos seus provedores de servizos xerais socialmente responsables”, xa que o capital humano de Amilaxa está formado por persoas con discapacidade física, intelectual, sensorial ou trastornos mentais.
Así, Viaqua, que conta co selo da Fundación Bequal que certifica e identifica o compromiso e esforzo da compañía coa integración laboral de persoas con discapacidade, dá continuidade a este compromiso despois do convenio asinado o pasado día 20 de decembro con Amilaxa, para o desenvolvemento de actividades que pretenden contribuír á creación e integración social e laboral das persoas discapacitadas en Galicia.
“Os primeiros traballos realizados entre ambas as entidades foron a elaboración e subministración, por parte do centro de emprego, de 580 cestas de nadal que foron distribuídas entre os traballadores e traballadoras de Viaqua”, afirma o comunicado.
Escribe o teu comentario