Polo menos tres mariñeiros falecen nun naufraxio
O pesqueiro Sin Querer 2 era de nova construción e tiña o seu porto base en Portonovo
O pesqueiro Sin Querer 2 era de nova construción e tiña o seu porto base en Portonovo
Equipos de Salvamento Marítimo recuperaron tres cadáveres e continúan coa procura dun cuarto desaparecido a consecuencia do afundimento dun pesqueiro este mediodía a 4,5 millas ao sur de Cabo Fisterra.
Fontes de Salvamente Marítimos explicaron a Europa Press que dous pesqueiros que navegaban pola zona colaboraron no dispositivo e conseguiron rescatar a outros seis tripulantes. Unha destas embarcacións diríxese a Muros con catro dos sobreviventes e outra embarcación vai cara a Fisterra con outros dous tripulantes.
Ás 13,49 horas deste mércores Salvamento Marítimo recibiu unha alerta dunha radiobalizada do pesqueiro, que se afundiu a 4,5 millas ao sur de Cabo Fisterra.
Por iso mobilizáronse o helicóptero Helimer 401, que logrou recuperar un corpo, e o buque Salvamar Regulus, que localizou a outros dous homes falecidos. Así mesmo, tamén se deu o pertinente aviso aos pesqueiros que navegaban pola zona para que colaborasen, como así fixeron.
Escribe o teu comentario