Unha aplicación para fomentar o galego nas tendas

‘Abertos ao galego’ é unha aplicación gratuíta que lanza A Mesa en colaboración coa Deputación de Pontevedra. 


|

‘Abertos ao galego’ é unha aplicación gratuíta que lanza A Mesa en colaboración coa Deputación de Pontevedra. 


A mesa appp


A Mesa pola Normalización Lingüística presentou, co seu presidente Marcos Maceira e con Celia Armas, directora de ‘Abertos ao galego’, unha aplicación móbil para poñer en valor a presenza da lingua galega nos locais comerciais e de servizos. No lanzamento da app, dispoñible de forma gratuíta para Android e IOS, tamén estivo presente Xosé Leal, deputado de Cultura e Lingua de Pontevedra.


A aplicación pretende fomentar o uso do galego no comercio. A app permite localizar os negocios, tanto en modo mapa como en modo procura, filtrando os establecemento polo seu nome e por categorías. Os usuarios poden puntuar ao local, do 1 ao 5, segundo o uso e o espazo que ten o galego no establecemento. Do mesmo xeito, existe un espazo para que os usuarios deixen os seus comentarios para mostrar as súas impresións sobre a atención e o servizo prestado.


Os locais que apostan polo galego fano dun modo consciente, apostado polo propio, pola calidade e a proximidade”, argumenta Leal, que asegura que desde a administración “podemos e debemos apoialos no noso día a día e animar a outras persoas para facer o mesmo”. Pola súa banda, Maceira considera que é papel da sociedade “que os consumidores e consumidoras contribúan apoiando aquelas empresas que presten servizos e produtos en galego”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE