Ana Cabaleiro, gañadora do 'Premio de Novela Manuel García Barros' por 'As Ramonas'

A escritora impúxose coa súa novela na XXX Edición do premio literario, dotado con 9.000 euros de premio e a publicación da novela.


|

A escritora impúxose coa súa novela na XXX Edición do premio literario, dotado con 9.000 euros de premio e a publicación da novela.


Libros lecturas premio libro


O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García participou este venres en A Estrada na entrega do Premio de Novela Manuel García Barros á xornalista Ana Cabaleiro pola obra 'As Ramonas'.

O galardón -dotado con 9.000 euros e a publicación da novela- foi convocado polo Concello da Estrada coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia.

Ana Cabaleiro (Silleda, 1974) é a terceira muller en gañar o Premio de Novela Manuel García Barros. Con anterioridade, Cabaleiro xa publicou en Galaxia o libro de contos 'Sapos e sereas' (2017).

Agora, a mesma editorial faise cargo, como parte do premio, da publicación de 'As Ramonas', unha novela de protagonismo feminino ambientada no seu Silleda natal e noutros concellos próximos, como A Estrada, da que o xurado destacou o "fino trazado de personaxes e a calidade da prosa".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE