Para Feijóo a culpa da falta de médicos no SERGAS é do Estado
O presidente de la Xunta nega que a sanidade pública galega careza de suficientes medios e reclama ao Ministerio un cambio no proceso de formación para, así, puedean ser contratados en Atención Primaria.
O presidente de la Xunta nega que a sanidade pública galega careza de suficientes medios e reclama ao Ministerio un cambio no proceso de formación para, así, puedean ser contratados en Atención Primaria.
Opresidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este sábado que Galicia "nunca tivo" tantos medios en materia de saúde como na actualidade, aínda que apuntou que os problemas que denuncia o sector relaciónanse coas limitacións á hora de formar novos facultativos: "O que necesitamos son médicos".
"Nunca tantos centros de saúde, nunca tantas prestacións e tantos servizos públicos para os pacientes e tanta tecnoloxía tivemos, o que necesitamos son médicos", dixo Núñez Feijóo durante un acto en Santiago e a preguntas dos medios sobre a situación da sanidade en Galicia, afectada nos últimos tempos por varias folgas de colectivos sanitarios e protestas de usuarios.
A situación de conflitividade aumentou esta mesma semana coa dimisión da maior parte dos xefes dos centros de saúde vigueses, que atribuíron esta decisión á súa oposición para ser "cómplices" da "deterioración" da Atención Primaria na Comunidade.o
Sobre esta cuestión, o presidente do Executivo galego admite que "se hai que coordinar mellor a Atención Primaria coa Hospitalaria", será necesario "sentar" e "ver como pode facerse", aínda que, en todo caso, reivindicou os medios dispoñibles na sanidade galega.
MÁIS FORMACIÓN DE MÉDICOS
Fronte a isto, e para paliar os posibles desaxustes neste ámbito, admitiu que o que Galicia necesita "son médicos", e que, á súa vez, "os médicos necesitan un período de formación de entre 11 e 14 anos", lembrou o presidente galego.
Por iso, a Xunta volveu a reivindicar que o Goberno do Estado déixelle " formar médicos nos hospitais, para que, a partir de aí, poidan ser contratados na Atención Primaria".
Finalmente, Alberto Núñez Feijóo quixo mandar unha mensaxe aos profesionais sanitarios galegos. "Todos aqueles profesionais que lles interesa que a atención sanitaria funcione mellor, teñen o respaldo da Consellería de Sanidade e o respaldo de la Xunta", dixo o presidente galego.
Escribe o teu comentario