O temporal que azouta Galicia colle forza este sábado

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia de la Xunta activou a alerta laranxa por un temporal costeiro que empezará na madrugada deste sábado e que afectará o litoral das provincias da Coruña e Lugo.

|


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia de la Xunta activou a alerta laranxa por un temporal costeiro que empezará na madrugada deste sábado e que afectará o litoral das provincias da Coruña e Lugo.


Choiva

Segundo lembrou o departamento autonómico, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) informou de que o nivel laranxa empezou ás 6,00 horas da madrugada na costa Noroeste e Oeste da Coruña, acompañado de vento do suroeste forza sete con posibilidades de forza oito.
Co paso das horas, o temporal ampliarase á zona suroeste da Coruña e, a media mañá, á costa de Lugo, tamén con vento do suroeste forza sete con posibilidades de forza oito. Está previsto que a alerta se desactive a primeiras horas de día 16.

Debido ao temporal costeiro, a Xunta aconsella a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas. Tamén recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Ademais, lembra que os portos constitúen espazos de risco ante a alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos. Nestes contornos, débense evitar os percorridos polas instalacións portuarias e, en especial, en zonas de especial perigo como diques de abrigo.
A Administración autonómica tamén recomenda non camiñar polas proximidades dos edificios portuarios, guindastres fixos ou automotor, así como noutras edificacións que polas súas características construtivas poidan sufrir desprendementos nas súas estruturas exteriores. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE