Nais e pais tamén piden a dimisión do conselleiro ante a falta de médicos

Os problemas cercan ao conselleiro de Sanidade. Tras a dimisión en bloque dos xefes de servizo de Vigo, toda a oposición reclamou o seu cesamento. Hoxe quen pide a dimisión son os proxenitores de nenos do Morrazo, onde cada pediatra atenda a 3.570 menores. 


|

Os problemas cercan ao conselleiro de Sanidade. Tras a dimisión en bloque dos xefes de servizo de Vigo, toda a oposición reclamou o seu cesamento. Hoxe quen pide a dimisión son os proxenitores de nenos do Morrazo, onde cada pediatra atenda a 3.570 menores. 


O colectivo de nais e pais de Aldán e Ou Hío (Pontevedra) que reclaman que Sanidade devolva ao pediatra ao centro de saúde de Aldán escenificaron este venres o "enterro" da sanidade pública e, en concreto, da praza de pediatría que reclaman.


Manifestación das nais e pais de Aldán e Ou Hío en Cangas.
Trátase dunha "acción protesta" na que piden a dimisión do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e do xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial, segundo explicou a Europa Press Elisa Pidal, unha das nais que forma parte do colectivo.

"Néganse a devolvernos a un pediatra que nos pertence", sostivo Elisa Pidal, quen lamentou os "riscos" que están a correr os nenos e nenas do Morrazo.

"Agora sabemos as condicións laborais ás que someten aos médicos e por que non temos pediatras", aseverou Pidal, para insistir en que Almuiña e Rubial "teñen que dimitir" dos seus cargos porque non se está facendo unha "boa xestión" dos recursos.

Pidal trasladou a "preocupación" dos pais e nais e lembrou que tamén falta o pediatra da quenda de tarde do centro de saúde de Cangas.

É dicir, que neste momento, na súa área de referencia só hai tres pediatras no centro de saúde de Cangas na quenda de mañá. Pero que este venres, debido ás ausencias, "só había unha pediatra para todos os nenos de Cangas".

As nais e pais de Aldán e Ou Hío percorreron o centro de Cangas cun féretro e todos vestidos de negro coa intención de "espertar conciencias".

Por outra banda, este colectivo de nais e pais conseguiu "3.505 firmas" que levarán despois de Nadal ao Parlamento de Galicia para avalar unha proposición non de lei (PNL) pola falta de pediatras nos centros de saúde de Aldán e Cangas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE