Atropelo mortal a un ancián na AP-9

Un home de 67 anos de idade faleceu na madrugada deste venres ao ser atropelado cando pedía axuda tras averiársele o vehículo na autoestrada AP-9 á altura da cidade de Pontevedra.

|

Un home de 67 anos de idade faleceu na madrugada deste venres ao ser atropelado cando pedía axuda tras sufrir a avaría do sey vehículo na autoestrada AP-9 á altura da cidade de Pontevedra.



Ap 9 saída pontevedra norte

Saída de Pontevedra Norte nunha imaxe de Google Street View


Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, este sinistro tivo lugar sobre as 1,00 horas deste venres na AP-9 á altura da saída da cidade de Pontevedra dirección Santiago.


Foi un particular o que avisou ao 112 Galicia e ata o lugar desprazáronse os servizos sanitarios de urxencia e axentes de Tráfico que relataron que a vítima, tras averiársele o seu turismo trataba de pedir axuda.


Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia medicalizada cuxo persoal confirmou o falecemento no lugar do home J.R.D.C., de 67 anos de idade, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.


Ademais, o ocupante do outro vehículo implicado tamén resultou ferido, un home de 22 anos, S.J.L.S., que foi levado en ambulancia ao Hospital Quirón Domínguez de Pontevedra.


Axentes da Policía Local, Bombeiros de Pontevedra, efectivos de Protección Civil e persoal de Estradas tamén foron informados do accidente polo 112 Galicia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE