Aquae, Viaqua e a UNED buscan aforrar enerxía e auga nas universidades
Lograr que os centros universitarios fagan un consumo máis racional de auga e enerxía. Este é o objectivo da colaboración entre a Cátedra Aquae de Economía da auga, a UNED e Viaqua.
Lograr que os centros universitarios fagan un consumo máis racional de auga e enerxía. Este é o obxectivo da colaboración entre a Cátedra Aquae de Economía da auga, a UNED e Viaqua.
Está a facerse un estudo entre nove centros asociados á UNED, entre eles o de Pontevedra. Nel estudan máis de 5.000 alumnos e dan clases uns 150 docentes.
FASE DE RECOLLIDA DE DATOS
Segundo explica Amelia Pérez Zabaleta, directora da Cátedra Aquae de Economía da auga, «os obxectivos deste proxecto son establecer un protocolo para medir e difundir os consumos de auga e enerxía que poida aplicarse a outros centros universitarios; analizar estes consumos e os factores que o determinan, as posibilidades de mellora neses centros e as potenciais dificultades; e difundir todos estes resultados para concienciar a todos os axentes implicados no ámbito universitario».
O proceso de traballo é sinxelo: primeiro recompílase a información sobre estes consumos (e o seu custo) durante os dous últimos anos, así como sobre as características de cada centro e as actuacións en materia de Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) levadas a cabo, sobre todo, aquelas vinculadas a mellorar a eficiencia no uso de auga e de enerxía. Unha vez que se recollen estes datos, realízase unha análise estatística e econométrica dos mesmos para estudar as posibles tendencias no consumo destes recursos, os seus factores determinantes, a eficiencia dos centros, a efectividade das posibles medidas de aforro de auga e enerxía implantadas e as posibilidades de mellora en materia de ODS.
A Cátedra Aquae de Economía da Auga publicará os resultados do proxecto e organizará diferentes conferencias con axentes universitarios para expoñer posibles formas de replicarlo nos seus centros.
Escribe o teu comentario